Blogia
yoli

A hora de xubilar o VHS...( comentario dun artículo de prensa)

A hora de xubilar o VHS...( comentario dun artículo de prensa)  O DVD convertiuse nunha realidade cotidiana no ámbito do ocio doméstico. Son moitos os fogares cun reproductor de DVD para ver películas, documentais e series compradas ou alquiladas. Sen embargo, non son tantos os que utilizan este formato para grabar a programación. Resulta habitual que o aparato de televisión teña conectados á vez o reproductor de DVD e o grabador de cintas VHS. A situación parece un tanto extraña si se considera que hai no  mercado unha amplia gama de grabadores dixitales de televisión, que presentan unha serie de ventaxas impensables na era da cinta de vídeo e que ademáis melloran con diferencia a calidade do VHS. Estos novos aparellos, que permiten grabar tanto en formato DVD coma nun disco duro de gran memoria, tamén sirven para ler discos DVD.

 

Un paso axigantado

Non só se trata de que tanto a imaxe coma o  son son mellores, sinon de que os novos grabadores son máis cómodos de manexar e programar.A  súa tecnoloxía permite avanzar e retroceder na grabación a gran velocidade, eliminando os ruidosos rebobinados da cinta VHS. Tampouco hai que esperar a que acabe a grabación dun programa para ver o que xa hai grabado. Os novos grabadores tamén están preparados para grabar varios programas en distintos canales e en diferentes idiomas, para logo escoller  o que ti queiras. Permiten editar as grabacións eliminando os anuncios. Todo esto sin falar do manexable e fácil de gardar na estantería que resulta un disco DVD respecto á aparatosa cinta de vídeo; ou a capacidad de almacenar grabacións que teñen os seus discos duros, que poden chegar a acumular nalgúns casos máis de 700 horas de vídeo.

 

Os grabadores HDD poseen unhas ventaxas superiores ás do grabador DVD. Mentres que o grabado nun disco DVD non se pode manipular unha vez que a grabación acabou, o HDD permite editar os programas como queiras, eliminando as partes que sobran. Tamén se pode actualizar vía Internet a programación, anque as cadeas que emiten en formato dixital,  xa inclúen, xunto á emisión, a programación para facilitar programar os equipos.

STOP.continuará... 

0 comentarios