Blogia
yoli

reflexións sobre arte

reflexións sobre arte

O Arte é unha forma de coñecemento que esixe lecturas e reflexións específicas. A súa apreciación non se limita a mirar a simple vista. Sin as informacións necesarias pasan desapercibidas as búsquedas . A apariencia satisface ó mirar.

"Sólo se ve aquelo que se mira" ( unha boa frase) O que percibimos nunha obra de arte é aquelo que recollemos no noso modo de ver as cousas. O home é metido nunha sociedade, por donde aprende a ver, pensar e sentir. A través do linguaxe apropiamonos das cousas, dos seres, das formas e das cores.

Como arte pode ser cuaquer cousa...

Para o artista non basta saber pintar, moito menos apropiarse de imáxenes ou obxetos, é indispensable ter referencias e dispoñer dun método. Supoño que, cada artista concibe a súa arte a partir da súa propia teoría.
Proxectan sobre elas os seus valores e inquietudes. ..As obras de arte realízanse de maneiras diferentes na  imaxinación de cada persoa que as mira.

Coñécese ó  artista a través da súa obra.

Oarte deixa de ser visto como un fenómeno cultural, para facerse un feito  social e do mercado. O problema non é o mercado, é necesario e ten un papel importante no arte.

Estamos atravesando un momento donde é cada vez máis difícil a producción cultural sin a interferencia dos media e dos intereses do mercado. Si a ética desta sociedade é o consumo, todo pasa a ser rexido pola lei do mercado: a saude, a educación, a cultura, etc.

O intelectual e o crítico son mal vistos nunha sociedad e donde o mundo do pensamento é pouco tolerable; por oturo lado,  os empresarios do arte, os profesionais de marketing, ... son os protagonistas do arte.

O artista que era un artesano descalificado hasta o século XIV, a partir do Renacimento pasou a ocupar un lugar destacado no coñecemento, e hoxe en día ben visto.

 Así, uhna institución cultural que dispoña de poucos recursos, deixará a cargo dos patrocinadores a programación e a política cultural.

 #cada un verá a "súa" arte como quere...#

STOP. continuará... 

0 comentarios