Blogia
yoli

O gran PUCHADES!

O gran PUCHADES!

SmileQuero facer un pequeno homenaxe, aquí na miña páxina, a un gran artista e paisano meu...

Valenciano de nacemento e mindoniense de corazón, Juan Puchades Quilis chegou á cidade do Masma a finais do ano 1960, tras aprobar unha oposición ao Ensino, e desde entón el e a súa creación quedáronse nesta cidade, misturándose coas xentes e a arte da Mariña luguesa e ocupando un posto ben destacado na produción artística da zona e nas vidas de tantos que o coñecemos.

Desde o ano 1970, é catedrático de Debuxo, desempeñando o seu labor no Instituto de Bacharelato "San Rosendo" de Mondoñedo ( donde eu estudiei!) , donde reside dende 1960, alternando a Ensinanza co mundo da Escultura, investiga as posibilidades do ferro; realiza esculturas con este material, con madeira, con pedra e bronce.

Pertenceu ó grupo "Los Urogallos" fundado en 1962, e patrocinado polo gobernador Civil de Lugo D. José L. de Azcárraga y Bustamante, grupo formado por sete pintores e un escultor. Realizáronse exposicións en diferentes cidades de España.
Pertenceu ó Grupo de Escultores Galegos.
Actualmente pertence e foi un dos fundadores do Grupo Artístico e Cultural "O Feitizo".

Nunha entrevista que lle fixeron recentemente, preguntouselle polo novo reto que ten entre as mans, ó cal él respondeu:  

" Trátase da escultura dun coñecido crego lucense, Antonio Gandoy, o cura da bicicleta, como se lle coñecía na capital do Miño. Foi unha obra difícil, dado o seu tamaño, uns dous metros, e a rica personalidade do sacerdote. Esta era a miña pretensión, que quen a admire se atope coa riqueza de Antonio Gandoy, a súa tenacidade e constancia, así como a cercanía deste home ao mundo rural galego e especialmente ao mundo dos nenos. "

Juan Puchades, como bo artista, é un home adicado a observar, a tentar calar nas almas das persoas e así obter iso que ve, dos distintos materiais que emprega. Cada obra é diferente, e cada unha delas ten unha mensaxe distinta. Ese é o reto da creación. Busca poder realizar aquela obra que o deixe plenamente satisfeito, e así, vanse desgranando os seus días polas terras mindonienses e o mundo da arte.

É un home cos pés na terra, amigo de todos e ben cercano, pero no seu interior latexa unha paixón, unha forza creadora que reborda e satisfai a quen se atopa con el. As súas obras así o testemuñan.

STOP. continuará...

1 comentario

Sergio -

Pois non coñecía a este artista. Moi interesante.