Blogia
yoli

Existen redes inalámbricas seguras??..

Existen redes inalámbricas seguras??..

Anque falar de seguridade nas redes inalámbricas parece unha utopía, esto empeza a cambiar gracias ó uso dun protocolo: o  protocolo 802.1x que, anque é pouco coñecido, ofrece as seguridades dunha rede física. Sin embargo, asusta pensar que máis do 98% das empresas emplean outro  protocolo , o cal pode ser reventado counha simple PDA en menos de 2 horas.  

A seguridade nas redes inalámbricas está máis que cuestionada hoxe en día. Moitas das redes que existen na actualidade, basadas no protocolo 802.11, nin sequera se encontran cifradas, polo que o acceso a estas redes é tan simple como deixar que Windows se conecte de maneira automática ou, como moito, que teñamos que encontrar unha IP válida para conectarnos na  rede.

Os usuarios con algunhos coñecimientos cifran as redes basadas nese  protocolo mediante WEP (Wired Equivalent Privacy). Éste é un procedimento mediante o cal tódaslas comunicacións establecidas pola rede encóntranse cifradas cunha clave compartida para tódoslos usuarios, que se emplea tanto para cifrar como para descifrar os mensaxes enviados. Neste caso, o acceso a estas redes, complícase un pouco… pero non moito: basta con usar algún programa , para saber o estado da rede e sacar a clave que se está empleando para cifrar os datos. Algunhas claves poden ser descubertas cunha PDA con Linux e algún programa deste tipo en menos de 2 horas.

A solución parece simple: modificar a  nosa clave rapidamente , para que naide sexa capaz de descifrara. Para isto,  necesitaríamos un administrador na nosa rede que, cada 2 horas, cambiase a clave da nosa rede en todos e cada un dos equipos. Este procedimento é imposible de levar a cabo de maneira automática, porque calquier procedimento que se intente, necesitaría que todos os ordenadores conectados se enterasen do cambio á vez, xa que si por calquer motivo un ordenador non estuvese conectado no momento do cambio, quedaría fora da rede e tería que ser reconfigurado manualmente.

 

STOP. continuará... 

0 comentarios